jueves, 23 de diciembre de 2010

sábado, 18 de diciembre de 2010

Facemos o Decorado da Obra de Teatro do Nadal

Faltan moi poquiños días para o noso festival de nadal, e nós levamos polo menos 15 días preparando o decorado da obra que imos a representar: "Vintecinco de decembro".
Primeiro fixemos o decorado en papel e despois escollimos algúns debuxos para pasarlo ao decorado. A profe pintounos en papel de embalar e despois todos a pintar.


jueves, 16 de diciembre de 2010

Quen é Este Papanoel?

Ho Ho Hooo!!

¿Queres ver como baila? Pincha aquí

Arranca o Nadal!

Como todos os anos, cando chega o nadal os pitufinñ@s vólvense tolos e bailan e bailan..


lunes, 13 de diciembre de 2010

Novas de Martín

Hoxe 13 de decembro Martín estivo de aniversario, nada mais e nada menos que 5 aniños.

Recibiu a felicitación dos seus familiares, profe, compañeiros e...de CR7.

Si, si, ese mesmo, o xogador do Real Madrid. ¿Pensades que non é certo? Pois mirade, mirade.

FELIZ DÍA MARTÍN!!!


viernes, 3 de diciembre de 2010

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novas de Nerea

Por fin!!!

A Nerea xa lle caeu o dente. Levábamos así como tres semanas esperando a caída do dente e onte....Profe o dente!


Estaba tan emocionada que pasou todo o recreo dicindo: profe chama a mamá que me doe a barriga. Non lle daba chegado a hora de ir para casa.
Hoxe chegou ao cole e toda contenta ensinoulle aos nenos os regalos que lle deixou o RatoPérez.


Nerea é moi boa e xenerosa así que compartiu cos compis todas as chuches.
O Rato Pérez debe estar moi contento porque iso quere decir que pronto haberá mais dentes.

sábado, 27 de noviembre de 2010

Visita anual á Biblioteca

Como todos os anos, este venres fixemos unha visita a Biblioteca Municipal de Poio.

Alí estaba a esperar por nós Macarena a bibliotecaria e como todos os anos nos explicou o funcionamento , os horarios e animounos a facernos socios.

Sen embargo este ano tiña unha sorpresa , trouxo a compañía de títeres VIRAVOLTA.

Con eles cantamos, bailamos e divertímonos moito.


Pasámolo de medo!

viernes, 5 de noviembre de 2010

jueves, 4 de noviembre de 2010

Magosto

Como todos os anos, no mes de novembro, fixemos o Magosto.
Primeiro fumos coma sempre ata a Casa do Pobo, e preto de alí, nun castiñeiro, apañamos tantas castañas como nos foi posible. Tivemos que buscar e buscar porque xa non quedaban moitas.
Despois, como nos portamos moi ben, a profe deixounos xogar un ratiño no parque.

Ás 11 e media regreso á escola que xa Rafa tiña preparada as brasas. Dímoslle as castañas e mentres descansábamos un pouco, el encargouse de asalas.
E por último o mais doado: COMELAS!




Ver fotos

viernes, 29 de octubre de 2010

Chega o Samaín.

Hoxe celebramos no cole a festa de Samaín e cada nen@ trouxo a súa cabaza, cada cual mais terrorífica.


Deixamos aquí un slide coas fotos dos nenos ensinándonos as cabazas e tamén a canción duns esqueletos que andan soltos por Samieira.

Esperemos que vos guste.





lunes, 18 de octubre de 2010

Queremos traballar mais!

Imos traballar un pouco!


jueves, 14 de octubre de 2010

Bob Esponja

Coñecedes a Bob esponja e os seus amigos?




viernes, 8 de octubre de 2010

Novas de Nuria

Nuria quere compartir con todos nós unha importante nova.


viernes, 1 de octubre de 2010

jueves, 23 de septiembre de 2010

Escola 2010/11. Lim

Imos traballar un pouco!


miércoles, 22 de septiembre de 2010

Martín e a súa viaxe a Madrid

Martín quere compartir con todos nos a súa viaxe a Madrid.



Foi unha viaxe inolvidable, non si?



lunes, 20 de septiembre de 2010

Deseñamos manteis individuais.

O primeiro que fixemos este curso,nada mais empezar,foi deseñar os nosos manteis para a merenda.
Fixémolos con plástico de encuadernar e rotuladores permanentes.
O resultado foi...
Molan ou non?
Se queredes ver aos pitufiños en plena faena pincha aquí.

lunes, 13 de septiembre de 2010

Que hai de novo amigos!

O curso empezou o día 10 de setembro e os pitufinñ@s voltaron á escola moi contentos e con moitas ganas de traballar.Para seguir as aventuras destes pequenos, primeiro ímolos coñecer.

jueves, 1 de julio de 2010

E...colorín, colorado este curso rematou.

Os pitufiñ@s da escola de Samieira vos desexamos a todos unhas felices vacacións e prometemos voltar o 10 de setembro para seguir contando as nosas aventuras.


martes, 22 de junio de 2010

Todos Pasados por Auga

Por fin chegou o día máis esperado do curso, o día da festa da auga.
Vimos á escola coma se fósemos a praia, cos nosos traxes de baño, toallas, chanclas, pistolas e globos de auga que os pais e nais teñen a paciencia infinita de encher a tarde anterior para que logo duren uns dous minutiños.
Chegamos prontiño á escola, e tivemos que esperar ata que fixese moita calor (non nos daba chegado a hora).Despois, as 10,45 h baixamos ao patio

e...vexan vostedes o que alí pasou

O mellor de todo, poñer a profe coma un pingo.
Cando xa estabamos cansos, secámonos ao sol

e despois fumos tomar esa merenda tan rica que nos preparan os nosos pais.

Foi un día estupendo.

Mais fotos

lunes, 21 de junio de 2010

XIII Festival Fin de Curso

Xa tiñamos ganas de que chegara o día, pois como xa vos contaramos estivemos traballando moito que levar adiante o noso festival, que ten un programa ben xeitoso.

A verdade e que para ser só 12 pitufiñ@s quedounos bastante ben, non si?










Animádevos a deixar comentarios sobre a nosa actuación. Polos aplausos dos familiares que poideron vir, pensamos que o fixemos moi ben.
Ver fotos

viernes, 18 de junio de 2010

Os Pitufinñ@s Traballan Moito

O luns 22 de xuño faremos na escola o noso festival de fin de curso e iso oblíganos a traballar moito, moito.
Todos os días nada máis chegar á escola baixamos por grupos e pintamos o noso decorado e despois do recreo ensaiamos.
Este mes de xuño tenos, moi pero que moi cansos.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...