viernes, 26 de febrero de 2010

miércoles, 24 de febrero de 2010

viernes, 19 de febrero de 2010

Unha Mañá no Salón.

Por fin chegou o día ! Imos xunto ORBIL!.


Hoxe pola mañá collemos o autobús e fomo buscar aos nenos e nenas do Sartal para ir ao Salón do Libro .
Chegamos as 11,30 h. e alí estaba agardando por nos CECI a nosa monitora, a encargada de levarnos polo Salón.O primeiro que fixo foi presentarnos a Orbil, a mascota.Algúns de nos xa o coñecíamos doutros anos, pero os peques non, e algún levou un bo susto.Primeiro leváronos a un espazo que simulaba unha cidade de noite e alí unha rapaza moi simpática contounos dous contos.
Despois percorrimos o Salón e miramos todos os traballos escolares incluindo o noso.


Por último fomos á sala de lectura e logo como tiñamos fame a merendar.
Despedímons de Ceci e Orbil e voltamos á escola contentos e felices.
Esperamos que os papis se animem e nos leven un día destes. Teremos sorte? Coidamos que si.
Ver fotos

lunes, 15 de febrero de 2010

viernes, 12 de febrero de 2010

Que pasou na EEI de Samieira?

A verdade e que non o sabemos, pero algo gordo tivo que ser porque había unha chea de policias locais.Se alguén se entera que nos escriba e nolo conte.



Ver fotos do entroido

miércoles, 10 de febrero de 2010

martes, 9 de febrero de 2010

Salón do Libro.Pontevedra, Cidade con Sentido

O 7 de febreiro inagurouse o Salón do Libro e alí está exposto o noso traballo (que fixemos xunto aos nenos do Sartal) sobre a cidade.

O traballo empezámolo a facer no mes de outubro e imos a contar paso a paso como o fixemos.
1º/que é unha cidade?
pouco sabiamos, so que tiña moitos edificios e moitos coches

2º/coñecedes algunha cidade preto de Samieira?
Pontevedra

3º/ Como é Pontevedra?
moitas rúas, tendas, coches...

Despois destas preguntas iniciais a profe díxonos que podiamos traer á escola fotos de Pontevedra e así o fixemos. Chegamos á escola con elas e explicamos aos demais as nosas fotos.Despois pegámolas nun mural.


Outro día a profe mostrounos un paseo por Pontevedra que gravó en video e xogamos a buscar as nosas fotos:plazas, monumentos...con esto xa tiñamos un bo coñecemento da cidade de Pontevedra.

Para facer a parte literaria apuntamos nun folio as cousas que podiamos ver, cheirar, escoitar, tocar e saborear cando imos a Pontevedra e coas características destas fixemos uns pequenos pareados. Estes e máis as fotos que trouxemos forman os nosos libros.
Deixamos aquí unha copia por se non tendes tempo de pasar polo Salón.

Vista




Oído



Olfacto



Tacto



Gusto





Para a parte plástica fixemos unhas siluetas de edificios, fontes, pontes...de Pontevedra e as colocamos nunha base. Despois engadimos peatóns, edificios, coches, sinais... e o resultado e o seguinte:
Quedou chulo, non si?.

lunes, 8 de febrero de 2010

A Banda dos Pitufiños

Hoxe recibimos no correo do blogue escolar un video clip de Banda de Samieira.
Está integrada por 3 pitufiños (Claudia, Mateo e David) e nel vemos un ensaio da Banda no fin de semana.
Pensamos que o fan moi ben y por iso queremos compartilo con todos vos.Esperemos que vos guste como a nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...