viernes, 21 de mayo de 2010

viernes, 14 de mayo de 2010

A pitufiña está malita

Sheila, a pitufiña máis pequena da escola está malita e ten que estar uns días no hospital. Para que estea contenta , os demais traballamos moito para facerlle este debuxo que alegrará a parede da súa habitación.Somos todos os pitufiños da escola levándolle flores


Todos temos moitas ganas de que se poña ben e que volva pronto á escola.

Dende aquí mandámoslle un bico moi grande.

MUACCC!!!

jueves, 13 de mayo de 2010

Dia das Letras Galegas

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao poeta Uxío Novoneyra.
O CEIP Frián-Teis de Vigo fixo un Lim sobre a adaptación do conto Ilda, o lobo,o corzo e o xabaril que nos estamos empregando no cole para traballar un pouco máis sobre o escritor.
Graciñas profes por compartir.


Iván cumple anos

O día 11 de maio Iván fixo nada máis e nada menos que cinco aniños.Estivo moi contento todo o día e ainda que non o puidemos celebrar na escola ese día, pois fomos o teatro, celebrámolo onte.
Trouxo unha tarta moi rica, da que non quedou nada de nada.Aquí tendes a Iván soprando as velas.


FELICIDADES IVÁN!!!

lunes, 10 de mayo de 2010

jueves, 6 de mayo de 2010

Cumpleanos Feliz

Onte celebramos na escola dos cumpleanos, o de Nerea e o de Mateo.
Estaban os dous moi contentos e para festexar o cumple trouxeron unha tarta de chocolate moi pero que moi rica e tamén ovos Kinder para todos.
Deixamos aquí unhas fotos deles soprando as velas.

domingo, 2 de mayo de 2010

Máis de Maios

O sábado 1 de maio fumos todos os pitufiños a cantar o noso maio á praza do mosteiro de Poio.
Todos os anos participamos como exhibición,non podemos concursar, pois o noso maio non cumpre determinadas normas como o tamaño e o material con que está feito a estructura. De todas maneiras a nós iso non nos importa e imos contentos e felices por colaborar a manter a tradición.
Aquí deixamos esta foto do xornal Faro de Vigo, estamos a puntiño de empezar.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...