jueves, 23 de diciembre de 2010

sábado, 18 de diciembre de 2010

Facemos o Decorado da Obra de Teatro do Nadal

Faltan moi poquiños días para o noso festival de nadal, e nós levamos polo menos 15 días preparando o decorado da obra que imos a representar: "Vintecinco de decembro".
Primeiro fixemos o decorado en papel e despois escollimos algúns debuxos para pasarlo ao decorado. A profe pintounos en papel de embalar e despois todos a pintar.


jueves, 16 de diciembre de 2010

Quen é Este Papanoel?

Ho Ho Hooo!!

¿Queres ver como baila? Pincha aquí

Arranca o Nadal!

Como todos os anos, cando chega o nadal os pitufinñ@s vólvense tolos e bailan e bailan..


lunes, 13 de diciembre de 2010

Novas de Martín

Hoxe 13 de decembro Martín estivo de aniversario, nada mais e nada menos que 5 aniños.

Recibiu a felicitación dos seus familiares, profe, compañeiros e...de CR7.

Si, si, ese mesmo, o xogador do Real Madrid. ¿Pensades que non é certo? Pois mirade, mirade.

FELIZ DÍA MARTÍN!!!


viernes, 3 de diciembre de 2010

jueves, 2 de diciembre de 2010

Novas de Nerea

Por fin!!!

A Nerea xa lle caeu o dente. Levábamos así como tres semanas esperando a caída do dente e onte....Profe o dente!


Estaba tan emocionada que pasou todo o recreo dicindo: profe chama a mamá que me doe a barriga. Non lle daba chegado a hora de ir para casa.
Hoxe chegou ao cole e toda contenta ensinoulle aos nenos os regalos que lle deixou o RatoPérez.


Nerea é moi boa e xenerosa así que compartiu cos compis todas as chuches.
O Rato Pérez debe estar moi contento porque iso quere decir que pronto haberá mais dentes.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...