jueves, 28 de junio de 2012

Chegaron as vacacións

A TODOS O MEUS PITUFIÑ@S, AS SÚAS FAMILIAS, AOS MESTRES E MESTRAS QUE ESTIVERON ESTE ANO NA ESCOLA E A TODOS OS COMPAÑEIROS QUE DE CANDO EN VEZ PASAN POLO BLOG E DEIXAN  COMENTÁRIOS DE ÁNIMO E FELICITACIÓNS... A TODOS

FELICES VACACIÓNS!!! 


(VOLTAMOS EN SETEMBRO, ESTÁ A VOLTA DA ESQUINA.)

viernes, 22 de junio de 2012

Festa da Auga

Hoxe, o mellor, a tan esperada festa da auga.
Mollámonos, brincamos, xogamos,merendamos e...a casa!
Xa estamos de vacacións
























Non vos preocupedes, hai mais fotos.

jueves, 21 de junio de 2012

Festival Fin de Curso

Para todos os que non puderon vir, deixamos os videos do Festival para que os vexades  en familia, se cadra, tomando uns flocos de millo.


 


Ver fotos

miércoles, 20 de junio de 2012

Orla

Aquí están todos os pitufiñ@s, o que se van e os que cambian de curso e como este ano o tema estrela foi o Universo aquí os tendes a todos de astronautas.

lunes, 18 de junio de 2012

Verán

Xa falta pouco para as vacacións, pero antes imos traballar un pouquiño mais.

jueves, 14 de junio de 2012

Fin de Curso

Xa estamos a 14 de xuño, xa non queda nada.  A verdade é que cada ano pasan os cursos mais rapidamente.
Este ano, coma todos os demais, faremos as nosas actividades de Fin de Curso. Deixamos o programa por se vos parece apetecible e queredes pasar por aquí a ver aos Pitufiñ@s en acción. Estades todos invitados.

martes, 12 de junio de 2012

Saída a Raxó

Hoxe fixemos a saída a Raxó que nos organizou o Concello para as comunidades educativas das escolas unitarias de Poio.
Alí estaban a esperar por nos, Andrés e Xoan. Leváronos ao barco
e nos explicaron como é o seu traballo, o cultivo do mexilón.
Despois , recibimos explicacións acerca dos diferentes tipos de nasas e outras formas de pesca, dos membros da Confraría de Raxó.
Finalmente, fomos a merendar. 
Andrés levounos ao seu restaurante TITO MEXILLÓN, no peirao de Raxó, e preparounos a terraza para que podésemos tomar a merenda.
Depois de volta á escola a traballar que non todo van ser festas.
Ver fotos



lunes, 11 de junio de 2012

Sorpresa

Hoxe tocoulle a Miguel o pequeno ser axudante e   para sorpresa de todos  fixo isto

Os compeñeiros dixeron "Miguel estase facendo maior" e  déronlle un forte aplauso.

viernes, 8 de junio de 2012

Vigo-Zoo

5,4,3,2,1 e ...por fin chegou o día.Imos en tren e ao zoo de Vigo cos nosos compañeiros das unitarias de Poio.
A viaxe en tren...FANTÁSTICA. Mirade a cara de felicidade (algúns nunca viaxaran en tren)
O percorrido polo Zoo tamén nos gustou moito.
A monitora Cris contounos un montón de curiosidades sobre os animais.Dalgunhas xa faláramos no cole doutras non sabiamos nada.
  • Por que teñen melena os leóns? 
  • Que fai papá cisne mentras mamá cisne choca os ovos? 
  • Por que as grullas esconden unha pata?...
Para finalizar a visita fomos ao planetario e alí vimos a lúa, as estrelas, as constelacións... todo o que aprendéramos no cole.
Foi unha mañá agotadora pero moi interesante.
Ver fotos




jueves, 7 de junio de 2012

Animación á lectura

Dentro das actividades de animación á lectura que facemos nesta escola está a de "Contamos Moito". 
Todos os luns os pitufiñ@s levan para casa un libro da biblioteca para ler cun maior. Despois fan un debuxo e cando o devolven ao cole, o seguinte luns, ensínanllo aos compañeiros.
Deixamos o  traballo aquí para que botedes unha ollada.

sábado, 2 de junio de 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...