sábado, 27 de noviembre de 2010

Visita anual á Biblioteca

Como todos os anos, este venres fixemos unha visita a Biblioteca Municipal de Poio.

Alí estaba a esperar por nós Macarena a bibliotecaria e como todos os anos nos explicou o funcionamento , os horarios e animounos a facernos socios.

Sen embargo este ano tiña unha sorpresa , trouxo a compañía de títeres VIRAVOLTA.

Con eles cantamos, bailamos e divertímonos moito.


Pasámolo de medo!

viernes, 5 de noviembre de 2010

jueves, 4 de noviembre de 2010

Magosto

Como todos os anos, no mes de novembro, fixemos o Magosto.
Primeiro fumos coma sempre ata a Casa do Pobo, e preto de alí, nun castiñeiro, apañamos tantas castañas como nos foi posible. Tivemos que buscar e buscar porque xa non quedaban moitas.
Despois, como nos portamos moi ben, a profe deixounos xogar un ratiño no parque.

Ás 11 e media regreso á escola que xa Rafa tiña preparada as brasas. Dímoslle as castañas e mentres descansábamos un pouco, el encargouse de asalas.
E por último o mais doado: COMELAS!




Ver fotos
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...