Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de mayo de 2011

Proxecto Auga

Co gallo do Día Internacional da Auga, fixemos na escola o noso pequeno proxecto sobre a mesma onde aprendimos moitas cousas:



  • que é a auga e a súa importancia para a vida


  • onde podemos atopala


  • formas nas que se presenta


  • usos da auga


  • e o máis importante: consellos para non desperdiciar a auga

Fixemos tamén algúns experimentos.


Todo quedou recollido neste libro


jueves, 3 de junio de 2010

O Leite

Este mes de maio na escola estivemos traballando sobre o leite.
Un día a profe preguntounos se sabiamos algo do leite e nós dixémoslle que se compraba no super, que vina en caixiñas e un dos maiores dixo que o leite viña das vacas.
A profe mandounos buscar información e durante uns días trouxemos a escola todo o que as nosas familias nos axudaron a buscar, que foi moitísimo.
Con todo o aprendido fixemos un libriño que aquí deixamos para que lle botedes un ollo.
Na primeira parte do libro recolle todo o que aprendimos (amósase o traballo dos nenos de 3º curso que xa saben escribir coa letra minúscula) e na segunda amósanse as fotos ,cos pés de foto (escritos polos alumnos de 2º curso) dos procesos de elaboración na escola dos derivados dos leite (iogur e manteiga) e postres con leite (batido e flan).





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...