viernes, 8 de junio de 2012

Vigo-Zoo

5,4,3,2,1 e ...por fin chegou o día.Imos en tren e ao zoo de Vigo cos nosos compañeiros das unitarias de Poio.
A viaxe en tren...FANTÁSTICA. Mirade a cara de felicidade (algúns nunca viaxaran en tren)
O percorrido polo Zoo tamén nos gustou moito.
A monitora Cris contounos un montón de curiosidades sobre os animais.Dalgunhas xa faláramos no cole doutras non sabiamos nada.
  • Por que teñen melena os leóns? 
  • Que fai papá cisne mentras mamá cisne choca os ovos? 
  • Por que as grullas esconden unha pata?...
Para finalizar a visita fomos ao planetario e alí vimos a lúa, as estrelas, as constelacións... todo o que aprendéramos no cole.
Foi unha mañá agotadora pero moi interesante.
Ver fotos




1 comentario:

  1. Que excursión máis fantástica! Encántame a cariña que teñen no tren. Nótase que o pasáchedes moi pero que moi ben. Un bico.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...