Mostrando entradas con la etiqueta sementes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sementes. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de abril de 2012

Ohhh!!!

Hoxe cando chegamos á escola pasamos revista ás nosas plantacións e levamos unha sorpresa: A algunhas  sementes que están no algodón saíronlle un rabiño branco.
Non sabemos o que é así que seguiremos esperando.
Nas outras macetas non pasou nada  visible.
Seguiremos informando

lunes, 16 de abril de 2012

Plantamos.

Hoxe fixemos unha experiencia no cole.
Plantamos sementes en condicións diferentes para ver  cuales destas son imprescindibles.
1º Nunha maceta con terra, con auga e na ventá para que lle de a luz.
2º Nunha maceta con terra sen auga e na ventá para que lle de a luz.
3º Nun prato, sen terra, con auga e luz.

4º nunha maceta con terra, con auga e nun cuarto oscuro .

Os pitufiñ@s non saben que vai pasar. Uns din que nacerá primeiro o que ten terra, auga e luz e outros din que con terra chega... A verdade é que xa non se lembran do que fixéramos no curso pasado.
Esperaremos uns días e xa os iremos contando.
Aquí tendes un slide do proceso de plantación das sementes.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...