Mostrando entradas con la etiqueta Salón do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salón do libro. Mostrar todas las entradas

miércoles, 7 de marzo de 2012

Visitamos a Orbil

Onte, martes 6 de marzo fixemos a nosa visita anual ao Salón do Libro. Estábamos moi nervosos porque íamos  ver a Orbil , a mascota do Salón.
Cando chegamos recoñecimos todas aquelas cousas que traballáramos na escola sobre a boa e a mala sorte: gatos negros, ferraduras, trevos de 4 follas....

Como sempre a decoración era espectacular:

Estaba a esperar por nos Vanesa, que nos levou de paseo polo Salón para ver se atopábamos o noso traballo

e tambén nos levou xunto Queliña que nos contou dos contos e nos deu unha receita para atopar as cousas que perdemos




Despois fomos á sala da boa sorte, cheia de trevos, a ler e descansar
Pasámolo tan ben que queremos voltar así que  papis e mamis ao Salón!!!
Ver todas as fotos
Deixamos o programa

domingo, 4 de marzo de 2012

Salón do Libro 2012

Hoxe domingo 4 de marzo inagurouse o Salón do Libro no Pazo da Cultura en Pontevedra.
Como hai 4 anos, participamos nesta edición que leva por título:
12+1 A boa e a mala sorte
Deixamos aquí un libro que explica como fixemos o noso traballo que como sempre facemos coa escola do Sartal.
Esperamos que vos guste:

lunes, 7 de febrero de 2011

Imos contar Mentiras Tralará.

Din que na escola de Samieira non hai nenos, só hai peixes, din que o corpos dos rapaces son raros e que non ten nada no seu sitio...
Din que... estas e outras mentiras están recollidas no libro "Imos contar mentiras, tralará" que presentamos xunto aos nenos da EEI O Sartal na XII edición do Salón do Libro.

jueves, 3 de febrero de 2011

Salón do Libro

Este domingo 6 de febreiro inagúrase o Salón do Libro.
Non deixedes de ir. Hai moitísimas actividades: teatro, talleres, espectáculos de máxia, circo...
Deixamos aquí o programa por se é de voso interese.

viernes, 19 de febrero de 2010

Unha Mañá no Salón.

Por fin chegou o día ! Imos xunto ORBIL!.


Hoxe pola mañá collemos o autobús e fomo buscar aos nenos e nenas do Sartal para ir ao Salón do Libro .
Chegamos as 11,30 h. e alí estaba agardando por nos CECI a nosa monitora, a encargada de levarnos polo Salón.O primeiro que fixo foi presentarnos a Orbil, a mascota.Algúns de nos xa o coñecíamos doutros anos, pero os peques non, e algún levou un bo susto.Primeiro leváronos a un espazo que simulaba unha cidade de noite e alí unha rapaza moi simpática contounos dous contos.
Despois percorrimos o Salón e miramos todos os traballos escolares incluindo o noso.


Por último fomos á sala de lectura e logo como tiñamos fame a merendar.
Despedímons de Ceci e Orbil e voltamos á escola contentos e felices.
Esperamos que os papis se animem e nos leven un día destes. Teremos sorte? Coidamos que si.
Ver fotos

martes, 9 de febrero de 2010

Salón do Libro.Pontevedra, Cidade con Sentido

O 7 de febreiro inagurouse o Salón do Libro e alí está exposto o noso traballo (que fixemos xunto aos nenos do Sartal) sobre a cidade.

O traballo empezámolo a facer no mes de outubro e imos a contar paso a paso como o fixemos.
1º/que é unha cidade?
pouco sabiamos, so que tiña moitos edificios e moitos coches

2º/coñecedes algunha cidade preto de Samieira?
Pontevedra

3º/ Como é Pontevedra?
moitas rúas, tendas, coches...

Despois destas preguntas iniciais a profe díxonos que podiamos traer á escola fotos de Pontevedra e así o fixemos. Chegamos á escola con elas e explicamos aos demais as nosas fotos.Despois pegámolas nun mural.


Outro día a profe mostrounos un paseo por Pontevedra que gravó en video e xogamos a buscar as nosas fotos:plazas, monumentos...con esto xa tiñamos un bo coñecemento da cidade de Pontevedra.

Para facer a parte literaria apuntamos nun folio as cousas que podiamos ver, cheirar, escoitar, tocar e saborear cando imos a Pontevedra e coas características destas fixemos uns pequenos pareados. Estes e máis as fotos que trouxemos forman os nosos libros.
Deixamos aquí unha copia por se non tendes tempo de pasar polo Salón.

Vista




Oído



Olfacto



Tacto



Gusto





Para a parte plástica fixemos unhas siluetas de edificios, fontes, pontes...de Pontevedra e as colocamos nunha base. Despois engadimos peatóns, edificios, coches, sinais... e o resultado e o seguinte:
Quedou chulo, non si?.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...