viernes, 19 de febrero de 2010

Unha Mañá no Salón.

Por fin chegou o día ! Imos xunto ORBIL!.


Hoxe pola mañá collemos o autobús e fomo buscar aos nenos e nenas do Sartal para ir ao Salón do Libro .
Chegamos as 11,30 h. e alí estaba agardando por nos CECI a nosa monitora, a encargada de levarnos polo Salón.O primeiro que fixo foi presentarnos a Orbil, a mascota.Algúns de nos xa o coñecíamos doutros anos, pero os peques non, e algún levou un bo susto.Primeiro leváronos a un espazo que simulaba unha cidade de noite e alí unha rapaza moi simpática contounos dous contos.
Despois percorrimos o Salón e miramos todos os traballos escolares incluindo o noso.


Por último fomos á sala de lectura e logo como tiñamos fame a merendar.
Despedímons de Ceci e Orbil e voltamos á escola contentos e felices.
Esperamos que os papis se animem e nos leven un día destes. Teremos sorte? Coidamos que si.
Ver fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...