Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maios. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2012

martes, 1 de mayo de 2012

1 de Maio. Imos a Poio

Como todos os anos, participamos como exhibición no concurso de maios que ten lugar na Praza do Mosteiro en Poio.
Os maios que podemos ver son fantásticos,



pero o noso non ten nada que envidiar.
A xente que está por  alí nos da os parabéns porque realmente o facemos moi ben.




lunes, 30 de abril de 2012

Festa dos Maios 2012

Como todos os anos preparamos o  maio e cantamos as coplas contando as cousas da nosa pequena escola.
É un día de moito traballo, pero merece a pena. Todos temos algo que facer:
  • maiores, o mais importante, tapar o esqueleto do maio con fiuncho

  • Mediáns, ensartar pampullos


  • peques, ensartar  ovos e laranxas.



O resultado é ben chulo
Despois, a última hora saímos a cantar as coplas ás familias que están á espera


Ver fotos
Estas son as nosas coplas


domingo, 1 de mayo de 2011

Maio 2011

Como todos os anos, o día un de maio imos a Poio a participar como exhibición co noso maio pequeniño, e como todos os anos os nenos fixérono moi ben.



Ver fotos.

domingo, 2 de mayo de 2010

Máis de Maios

O sábado 1 de maio fumos todos os pitufiños a cantar o noso maio á praza do mosteiro de Poio.
Todos os anos participamos como exhibición,non podemos concursar, pois o noso maio non cumpre determinadas normas como o tamaño e o material con que está feito a estructura. De todas maneiras a nós iso non nos importa e imos contentos e felices por colaborar a manter a tradición.
Aquí deixamos esta foto do xornal Faro de Vigo, estamos a puntiño de empezar.



viernes, 30 de abril de 2010

Festa dos Maios

Onte a profe cando marchamos para casa díxonos:
esta noite descansade ben que mañá vai ser un día de moito traballo.
Canta razón tiña!
Chegamos hoxe á escola e....que facemos con todo isto?


pois ...con un pouco de paciencia , axuda de Isabel da nai de Claudia e da profe e,
un pouco de fiuncho por aquí ,


uns collares de pampullos por alá...


tachán !!! o noso maio aquí está.



Mereceu ou non a pena?


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...