A actividade consistía en atrapar nunha tea de araña as palabras que nenos e familias escolleran uns días antes nas casas, palabras escollidas polo significado, pola musicalidade...
Uns días antes no cole preparamos arañas e palabras e hoxe as pegamos na tea que adornará o Salón de Plenos do Concello e logo irá para as escolas.
Estas son as nosas arañas coas palabras
E esta é a nosa tea
A verdade é que o pasamos moi ben, contáronnos un conto, aprendimos unha canción e déronnos unha rica merenda. Sabedes o que merendamos? ARAÑAS!!! si, si, ainda que non volo creades.
Non deixedes de probalas sen tendes oportunidade.
Se queredes ver todas as fotos clica aqui
