jueves, 3 de junio de 2010

O Leite

Este mes de maio na escola estivemos traballando sobre o leite.
Un día a profe preguntounos se sabiamos algo do leite e nós dixémoslle que se compraba no super, que vina en caixiñas e un dos maiores dixo que o leite viña das vacas.
A profe mandounos buscar información e durante uns días trouxemos a escola todo o que as nosas familias nos axudaron a buscar, que foi moitísimo.
Con todo o aprendido fixemos un libriño que aquí deixamos para que lle botedes un ollo.
Na primeira parte do libro recolle todo o que aprendimos (amósase o traballo dos nenos de 3º curso que xa saben escribir coa letra minúscula) e na segunda amósanse as fotos ,cos pés de foto (escritos polos alumnos de 2º curso) dos procesos de elaboración na escola dos derivados dos leite (iogur e manteiga) e postres con leite (batido e flan).





1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...