Coma sempre fumos todos os nenos e nenas das escolas unitarias de Poio, pero esta vez acompañados dos mestres, mestras e pais e nais que puideron vir.A ruta comenzámola na carreteira de Campelo e chegamos A seca que é donde remata. É unha ruta pequeniña pero de gran beleza.
No muíño de Arriba estaba a esperar o Sr. Torres que puso o muíño a funcionar e vimos en directo a transformación do millo en fariña.
Despois no parque da Seca merendamos invitados polo Concello
e despois de xogar nos columpios, as 13 h voltamos á escolaDe tódolos muíños da ruta quedounos un por mirar, pero ese deixámolo para que os nosos pais e nais se animen e nos leven cando teñan tempo.
Máis fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario