martes, 22 de junio de 2010

Todos Pasados por Auga

Por fin chegou o día máis esperado do curso, o día da festa da auga.
Vimos á escola coma se fósemos a praia, cos nosos traxes de baño, toallas, chanclas, pistolas e globos de auga que os pais e nais teñen a paciencia infinita de encher a tarde anterior para que logo duren uns dous minutiños.
Chegamos prontiño á escola, e tivemos que esperar ata que fixese moita calor (non nos daba chegado a hora).Despois, as 10,45 h baixamos ao patio

e...vexan vostedes o que alí pasou

O mellor de todo, poñer a profe coma un pingo.
Cando xa estabamos cansos, secámonos ao sol

e despois fumos tomar esa merenda tan rica que nos preparan os nosos pais.

Foi un día estupendo.

Mais fotos

1 comentario:

  1. Hola pitufiña, soy Marta de la escuela del Vao, casi sin querer te he encontrado por la blogesfera, ya ves que est mundo es un pañuelo, ja,ja.Me he encantado tu blog, ya me he hecho segudidora, para estar al día de vuestros trabajitos, aunque sea el año que viene, ja,ja,ja... si no te importa te voy a agregar como blog amigo a mi blog.
    Sin más muchos besiños desde lamcasita encantada.
    PD: pasa un feliz verano y disfruta de las vacaciones.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...