lunes, 30 de abril de 2012

Festa dos Maios 2012

Como todos os anos preparamos o  maio e cantamos as coplas contando as cousas da nosa pequena escola.
É un día de moito traballo, pero merece a pena. Todos temos algo que facer:
  • maiores, o mais importante, tapar o esqueleto do maio con fiuncho

  • Mediáns, ensartar pampullos


  • peques, ensartar  ovos e laranxas.



O resultado é ben chulo
Despois, a última hora saímos a cantar as coplas ás familias que están á espera


Ver fotos
Estas son as nosas coplas


jueves, 26 de abril de 2012

Que está pasando?


A 10 días da plantación de sementes en condicións varias, esta é a situación:
con terra, auga e luz
con terra, con luz e sen auga
con terra, auga e sen luz
Sen terra, con auga e luz.
Os pitufiñ@s din que as campeonas son as primeiras, as que teñen de todo.
E os vermes? Só queda un e non para de rillar. 



martes, 24 de abril de 2012

Despois de 6 días...


Despois de 6 días temos novidades importantes nas nosas plantacións...


Nas outras macetas, que non teñen nin auga nin luz non pasou nada.
Por certo, alguén pode decirnos que nos  pasa cos vermes de seda?
Morren todos. Póñense oscuros, deixan de comer vanse para as esquinas da caixa e morren. Será por que vai frío?
Se alguén sabe que  nos de unha explicación. É a primeira vez que nos pasa.
Grazas

lunes, 23 de abril de 2012

Día do Libro

Co gallo do Día do Libro, nós,  os pitufiñ@s  presentamos o noso libro de creación propia titulado PEPE.
Un día a profe mostrounos unha ilustración e comenzou coas súas preguntas:
Que é?, quien é?, como? donde? por que? cuando?..... Todas esas preguntas que fai ela cuando quere que pensemos, que imaxinemos, que decidamos...
Ao rematar, con todas as ideas que recolleu e dándolles un pouco de orde, fixemos un pequeno conto que deixamos aquí para compartir con todos.
Esperamos que vos guste.


jueves, 19 de abril de 2012

Ohhh!!!

Hoxe cando chegamos á escola pasamos revista ás nosas plantacións e levamos unha sorpresa: A algunhas  sementes que están no algodón saíronlle un rabiño branco.
Non sabemos o que é así que seguiremos esperando.
Nas outras macetas non pasou nada  visible.
Seguiremos informando

lunes, 16 de abril de 2012

Plantamos.

Hoxe fixemos unha experiencia no cole.
Plantamos sementes en condicións diferentes para ver  cuales destas son imprescindibles.
1º Nunha maceta con terra, con auga e na ventá para que lle de a luz.
2º Nunha maceta con terra sen auga e na ventá para que lle de a luz.
3º Nun prato, sen terra, con auga e luz.

4º nunha maceta con terra, con auga e nun cuarto oscuro .

Os pitufiñ@s non saben que vai pasar. Uns din que nacerá primeiro o que ten terra, auga e luz e outros din que con terra chega... A verdade é que xa non se lembran do que fixéramos no curso pasado.
Esperaremos uns días e xa os iremos contando.
Aquí tendes un slide do proceso de plantación das sementes.

viernes, 13 de abril de 2012

Observamos aos novos inquilinos

Por fin chegaron os novos inquilinos.


jueves, 12 de abril de 2012

lunes, 9 de abril de 2012

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...