miércoles, 23 de diciembre de 2009

Felices Vacacións

Os Pitufiños traballaron moito este trimestre e agora vanse a súas casas a descansar, non sin antes desexarvos a todos un...


Ver fotos nadal

viernes, 18 de diciembre de 2009

Libros Recomendados

Achéganse as vacacións e os pitufiños xa teñen preparadas as súas cartas, tanto a de Papanoel como a dos Reis Magos.Sería desexable que entre os regalos que reciban, houbese algún conto, porque aos pitufiños encántanlle os contos.
Deixamos aquí este listado dos libros que máis se moven na escola, por si Papanoel ou os Reis botan unha ollada a noso blogue.

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Nadal lim

A profe Belén Junquera deixounos este lim do Nadal para que xoguemos máis.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Aniversario de Sheila e Martín

Hoxe celebramos na escola o aniversario de Sheila e o de Martín.
Sheila cumplió 3 anos o día 9 (e a pequena da escola) e Martín cumplió 4 o día 13.
Vos deixamos aquí unhas fotos destes pitufiños.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

viernes, 4 de diciembre de 2009

Aniversario de Lucas e Lucía

Hoxe celebramos na escola o aniversario de Lucía e Lucas.
Deixamos aquí unhas fotos.

jueves, 3 de diciembre de 2009

martes, 1 de diciembre de 2009

Baile de Nadal.

Xa estamos en Decembro, o mes do Nadal e os pitufiños estanse a poñer algo inquedos, tanto que xa empezaron a practicar o seu baile de nadal.
Aquí os tedes, non hai pitufiños que o fagan mellor.

Send your own ElfYourself eCards

Send your own ElfYourself eCards

Send your own ElfYourself eCards

jueves, 26 de noviembre de 2009

Que Atopamos Na Cociña?

Taza, tetera, cuchara, cucharón...


martes, 24 de noviembre de 2009

Aniversario de Uxía

Hoxe celebramos no cole o aniversario de Uxía. Estaba tan contenta...
Ela trouxo unha tarta riquísima da que non quedaron nin as migas e nós coma sempre cantámoslle, dímoslle bicos e tirámoslle das orellas, cinco tiróns que xa son bastantes.
Mirade que guapa está de raiña por un día.

viernes, 20 de noviembre de 2009

viernes, 13 de noviembre de 2009

Familia lim

A profe Ángeles da EEI Sartal preparou este lim para traballar a familia.



martes, 10 de noviembre de 2009

Saida á Biblioteca

Hoxe fumos todos a Biblioteca Municipal de Poio.
O autobús recolleunos as 11h e despois de ir buscar aos nenos do Pereiro e do Sartal chegamos á biblioteca onde estaba esperando Macarena.
Macarena contounos cousas da biblioteca e tamén como temos que facer para ser socios e así poder coller contos e levalos para casa.
Despois contounos un conto moi bonito dun neno africano, fixemos un debuxo e cantamos unha canción.
Tivemos moita sorte xa que ao rematar a visita deunos un puzle, un para cada un, de regalo.(Dixo a profe que iso foi porque nos portamos moi ben).
Papis queremos que vos animedes e nos levedes a biblioteca que é un sitio moi chuli.Vale?
Fotos

Comic do Magosto

viernes, 6 de noviembre de 2009

viernes, 30 de octubre de 2009

Que medo!

Samaín

Hoxe na escola celebramos a festa do Samaín.
Cada neno trouxo de casa unha cabaza terrorífica que fixeron cos pais na casa.
Imos botar unha ollada.

jueves, 29 de octubre de 2009

viernes, 23 de octubre de 2009

Meu Corpo

Estes días no cole, os pitufiños estiveron aprendendo cousas sobre o corpo e agora na casa poden seguir traballando con este Xogamos?.


e tamén con este Lim que fixo a profe Ángeles da EEI Sartal.




miércoles, 21 de octubre de 2009

Juan Pequeño Baila

Esta é unha das cancións preferidas dos pitufiños .
Estes últimos días estivemos traballando o corpo e non podía acabar o día sen que a bailásemos nalgún momento.

miércoles, 14 de octubre de 2009

Aniversario de Claudia.

Hoxe 14 de outubro celebramos na escola o cumple de Claudia.
Como sempre cantámoslle o cumpleanos feliz, fixemos fotos e despois de soplar as velas dimos boa conta da riquísima tarta de chocolate que trouxo á escola para convidarnos.

FELICIDADES CLAUDIA!

jueves, 1 de octubre de 2009

miércoles, 30 de septiembre de 2009

martes, 29 de septiembre de 2009

CANTAMOS CONTOS

Un dos contos preferidos dos pitufiños de Samieira e Sonidos Divertidos, pero eles non o contan,o cantan.
Queredes escoitalos?

sábado, 19 de septiembre de 2009

Aniversario de Nuria

O xoves 17 celebramos no cole o aniversario de Nuria.
Nuria chegou á escola moi contenta e moi cargada pois na casa compráronlle unha tarta, ovos de chocolate e zumos para celebrar a súa festa.
Despois de cantarlle , felicitarla e darlle bicos preparamos a mesa e....a comer!



FELICIDADES NURIA!!!

miércoles, 16 de septiembre de 2009

martes, 15 de septiembre de 2009

lunes, 14 de septiembre de 2009

Novo Curso Escolar



O día 10 de setembro comenzou o novo curso escolar.Os pitufiños tiñamos moitas ganas de voltar á escola para estar xuntos outra vez , ver a profe Belén e coñecer as novas mestras, de inglés, relixión e AL.


Este curso xa non están Dani, Carlota e Nerea a maior, pero entraron os pequenos Ian, Miguel, Lucas e Sheila. En total somos 13.


Os maiores


Os mediáns


Os pequenos





lunes, 6 de julio de 2009

Á profe Pilar da EEI Portosanto encántanlle as actividades LIM e esta é a súa maneira de agradecernos que fagamos na escola destas actividades e que llas pasemos para traballar co seus nenos.

lunes, 29 de junio de 2009

Ao Rico Churrasco!

Onte fixemos a festa despedida do curso.

Fumos toda a comunidade educativa a facer un churrasco á Casa do Pobo.Os pais fixeron un churrasco riquísimo, as nais unhas tortillas e uns postres deliciosos.Que rico todo!

Moitas gracias ás familias por colaborar tanto coa escola e facer que sexa un lugar realmente agradable para todos.

Felices vacacións para todos e ata o 10 de setembro.


Fotos

martes, 23 de junio de 2009

Festa da Auga

Vaia sorte!

Despois de algúns anos, por fin quentou o soliño o día da festa da auga. Foi unha auténtica festa.

Fomos á escola co bañador, chanclas e toalla. As 11 baixamos ao patio cos pais e a profe e empezamos a xogar.A profe nos mollaba coa mangueira, nós disparamoslle coas pistolas e os pais lanzaban bombas de auga....foi moi pero que moi divertido.


sábado, 20 de junio de 2009

Festival Fin de curso

Por fin chegou o día!
Pensamos que tanto esforzo e traballo mereceu a pena, non si? (fotos)










miércoles, 17 de junio de 2009

Adiviña, adiviña

Esta mañá estivemos xogando cun Lim de adiviñas que fixo unha profe que se chama Belén Junquera e que o ten no seu blogue Casa de tol@s. Gustounos tanto que pedímoslle que nolo prestara para poñer no noso blogue. Grazas Belén!






martes, 16 de junio de 2009

Canto Traballo!

O venres día 19 temos na escola o noso festival de fin de curso.Ainda que somos poucos, 12 nen@s e dúas profes (este ano colaborou tamén Ana a teacher) facemos moitas cousas.

Este é o programa



Como veredes cun programa tan longo temos que traballar moito todos, as familias cos traxes e na escola cos decorados e os ensaios.
Canto traballo!




Visita ao Zoo

jueves, 11 de junio de 2009

Novo Premio



Que ilusión!

Os nosos amigos Duendes Juguetones concedéronnos outro premio.

Moitas pero que moitísimas grazas.


domingo, 7 de junio de 2009

Visita ao Zoo

¡Por fin chegou o día!
O venres estabamos realmente emocionados, non só por ir ao zoo senón porque ata Vigo fumos en tren e algúns de nós non fóramos nunca.

O que máis nos gustou foi cando pasabamos por un túnel e berrábamos aaaaah!




Cando chegamos ao zoo o primeiro que fixemos foi merendar pois chegamos antes da hora.Logo , xa que chovía a mares, leváronnos ao reptilario e miramos algúns animais que non coñecíamos como os gekos , os insectos pao e unhas tartarugas xigantes.
Cando parou de chover dimos unha volta polo zoo para ver os animais e tivemos moita sorte pois a pesar da chuvia os leons, o oso, os tigres estaban fora e vímolos moi ben.



Cando rematou a visita xogamos un pouco nos columpios e despois ao autobús.Estabamos tan cansos que a volta foi moi tranquila.



Ver fotos.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...