lunes, 1 de junio de 2009

A Biblioteca



Onte fumos a Biblioteca Municipal de Poio.


Primeiro baixamos andando ata a parada de´autobús e esperamos polo conductor. Cando chegou abríu as portas, subimos, sentámonos e arrancamos.


Fumos a buscar aos nenos da escola do Pereriro e os da escola do Sartal e logo xa á Biblioteca.


Cando chegamos tivemos que esperar a Macarena que é a bibliotecaria,abríu a porta, subimos as escaleiras e sentámonos na alfombra.


Macarena ensinounos a biblioteca: había libros, xornais, revistas, ordenadores, contos, sillas, mesas, un reloxo...Tamén nos contou que para poder levar os libros á casa temos que facernos o carnet de socios.


Máis tarde contounos dous contos: "Cocorico" e "A princesa que bocexaba a todas horas", logo fixemos un debuxo do conto que máis nos gustou.


Para despedirnos cantamos unha canción.


Gustounos moito a biblioteca e mandamos esta mensaxe:


¡¡Papis,queremos facernos socios da biblioteca xa!!


Ver fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...