martes, 10 de noviembre de 2009

Saida á Biblioteca

Hoxe fumos todos a Biblioteca Municipal de Poio.
O autobús recolleunos as 11h e despois de ir buscar aos nenos do Pereiro e do Sartal chegamos á biblioteca onde estaba esperando Macarena.
Macarena contounos cousas da biblioteca e tamén como temos que facer para ser socios e así poder coller contos e levalos para casa.
Despois contounos un conto moi bonito dun neno africano, fixemos un debuxo e cantamos unha canción.
Tivemos moita sorte xa que ao rematar a visita deunos un puzle, un para cada un, de regalo.(Dixo a profe que iso foi porque nos portamos moi ben).
Papis queremos que vos animedes e nos levedes a biblioteca que é un sitio moi chuli.Vale?
Fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...