Os primeiros días de escola son así.Os alumnos maiores voltan á escola dispostos a traballar e os alumnos novos, os pequenos, veñen á escola a enredar.Non paran. Choran, rin, gritan...tocan aquí, tocan alá...abren portas... corretean....
En Samieira levamos dous días cos pequenos e son tan movidos que hai que cambiar de actividade cada 10 minutos. Bailamos, cantamos, facemos títeres, un pouco de plastilina...
Cando remata a xornada estamos agotados, menos mal que as veces hai sorpresas agradables: un pequeno chora, non quere marchar con mamá, abrázase a mestra.
Iso recompensa a dura xornada Non si?
Deixamos aquí fotos destes momentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario