martes, 7 de febrero de 2012

Saída á Biblioteca Municipal de Pontevedra

Hoxe pola mañá fomos á Biblioteca de Pontevedra. Como tiñamos a sesión as 11:30h, para ocupar o tempo as profes leváronos ao Carrefour. Nós xa fomos moitas veces con papá e mamá, pero hoxe foi ben distinto.
Estaban a esperar por nos, Cristina e Chus,duas empleadas que nos levaron de paseo polo super.
Primeiro leváronos ao lugar onde se fan as descargas, despois ás cámaras de conservación do alimentos e por último nos levaron a panadaría, carnicería,pescadería, charcutería e froitería. Alí todas as traballadoras foron moi simpáticas e nos dixeron os nomes dos alimentos que non coñecíamos. Olga a pescadeira contounos un montón de cousas sobre os pescados.
Cando rematamos déronos unha mazá para merendar e un gorro moi simpático.Despois á Biblioteca.

Alí estaba Marina a bibliotecaria quen nos falou primeiro das normas da biblioteca y despois xogou con nos a un xogo de adiviñas a través do tacto e contounos o conto de Cocorico.
Para rematar fixemos un títere de dedos.
Xa lle dixemos a Marina que para o curso que ven, voltamos.
Ver fotos Carrefour
Ver fotos Biblioteca

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...