lunes, 16 de abril de 2012

Plantamos.

Hoxe fixemos unha experiencia no cole.
Plantamos sementes en condicións diferentes para ver  cuales destas son imprescindibles.
1º Nunha maceta con terra, con auga e na ventá para que lle de a luz.
2º Nunha maceta con terra sen auga e na ventá para que lle de a luz.
3º Nun prato, sen terra, con auga e luz.

4º nunha maceta con terra, con auga e nun cuarto oscuro .

Os pitufiñ@s non saben que vai pasar. Uns din que nacerá primeiro o que ten terra, auga e luz e outros din que con terra chega... A verdade é que xa non se lembran do que fixéramos no curso pasado.
Esperaremos uns días e xa os iremos contando.
Aquí tendes un slide do proceso de plantación das sementes.

1 comentario:

  1. Que boísima experiencia! Nós tamén plantamos sementes e iamos facer o experimento para ver que necesitaban as plantas para medrar pero ao final quedounos no tinteiro. Estaremos moi atentos ao voso para ver que pasa. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...