jueves, 31 de mayo de 2012

Zoo de Vigo

O venres 8 faremos unha saída ao Zoo de Vigo, pero antes traballaremos un pouco  acerca dos animais que alí veremos.

miércoles, 30 de mayo de 2012

A mascota de Antía

Despois de resolver pequenos problemas tecnolóxicos deixamos a última presentación da serie das mascotas.



martes, 29 de mayo de 2012

Vimos o proceso.

Chegamos á escola o luns e....
Ao final tivemos sorte e pudemos ver o proceso enteiro.
Vamos levar á casa un pouco de seda.

viernes, 25 de mayo de 2012

Estamos chegando ao final.

O final acércase, xa estamos a piques de rematar  o noso proxecto das mascotas
Quedaron  as presentacións dos irmáns Montxo e Antía. Aquí está Montxo coas  súas explicacións sobra as pombas.




 Cando solucione uns pequenos problemas tecnolóxicos remataremos coa presentación de Antía

jueves, 24 de mayo de 2012

As nosas plantiñas

Xa sabedes todos como van as nosas plantas. 
Despois de catro días sen vir pola escola, o luns ao chegar vimos como estaban as plantas que non regamos. A verdade é que estaban moi mal, arrugadiñas e sen forzas. 
Esta experiencia serviu para darnos de conta  da importancia da auga para os seres vivos e os efectos devastadores  que ten a falta da mesma.
Miguel maior no medio da observación dixo:
"profe, non creo que a esta plantita lle parezca ben o que estamos a facer con ela"
Que podemos facer ? preguntei á clase
E Miguel de novo dixo:
"imos a darlle de beber para curalas" e así o fixemos.
Este é o resutado.
Miguel está moi contento .
Ah! Por certo, naceu a fermosa  "mariposa"como din os pitufiñ@s.
Agora temos que esperar a ver se nace algunha outra dos casullos que nos mandou a profe do Sartal e podemos ver o proceso enteiro.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Ian e Poli

Ian nos conta sobre o seu loro Poli.



martes, 22 de mayo de 2012

Miguel maior e as súas mascotas

Hoxe foi o turno de Miguel que nos presentou a Tito, Senna e a Noa.

Miguel na presentación dixo unha cousa moi, pero que moi importante: "se coidamos moi ben as nosas mascotas elas nos dan a nós cariño e compañía e iso está moi ben".Cuanta razón ten Migueliño.

lunes, 21 de mayo de 2012

Leopardo o león

Hoxe tocoulle o turno a Guillermo.
Guillermo non ten ningunha mascota así que solucionou o problema pensando: "non teño mascota, pero si tuviese unha sería un León e lle poría de nome Leopardo" (o que confundíu un poco aos demais nenos da clase).
Aquí deixamos a Guillermo coa súa presentación.




sábado, 19 de mayo de 2012

Topi

Topi é o can de Sheila con quen pasa momentos moi divertidos ou polo menos eso é o que ela nos contou na súa presentación.

Esta é a súa presentacion




jueves, 17 de mayo de 2012

As galiñas de Miguel

Miguel a súa maneira e axudado pola nai e pola súa irmá Nerea nos conta das galiñas que ten na casa, perdón na eira.
Esta é a súa presentación

miércoles, 16 de mayo de 2012

A tea de araña que as palabras galegas apaña

Este é o título da actividade que o Concello de Poio organizou para as escolas unitarias de Poio  para a celebración do día das letras galegas.
A actividade consistía en  atrapar nunha tea de araña as palabras que nenos e familias escolleran uns días antes nas casas, palabras escollidas polo significado, pola musicalidade...
Uns días antes no cole preparamos arañas e palabras e hoxe as pegamos na tea que adornará o  Salón de Plenos do Concello e logo irá para as escolas.
Estas son as nosas arañas coas palabras



E esta é a nosa tea
A verdade é que o pasamos moi ben, contáronnos un conto, aprendimos unha canción e déronnos unha rica merenda. Sabedes o que merendamos? ARAÑAS!!! si, si, ainda que non volo creades.
Non deixedes de probalas sen tendes oportunidade.
Se queredes ver todas as fotos clica aqui

Beni, mascota de Lucas

Agora tócalle o turno a Lucas.
Lucas ten un Hamster que se chama Beni e se vos parades a ler a presentación aprenderedes moitas cousas sobre el, onde está a sua despensa, como limpa a casa, os coidados que precisa... Lucas contounos todo con moito detalle.
Ah! tamén soubo dar detalles dos seus grilos.



martes, 15 de mayo de 2012

O zoo de Gimena

Gimena non ten unha mascota, ten moitiiiisimas mascotas, de feito a sua casa parece un zoo. Que envexa!
Fixo unha presentación moi boa e contounos moitas cousas coa sua lingua de 3 anos.
A súa presentación



lunes, 14 de mayo de 2012

Lola e Kiko e Paula

Hoxe tocoulle a Lola facer a presentación das suas mascotas: dous peixes de auga doce Kiko e Paula
 A verdade é que o fixo tan bem que cando rematou tíñamos moi claro que se algunha vez temos peixes en casa ou na escola saberemos coidalos perfectamente.
Deixamos a súa presentación.

viernes, 11 de mayo de 2012

Seguimos á volta coas plantas

Unha semana mais e así van:
Auga, luz e terra.
Perfecto!!!
Sen auga un pouco mais "chuchurrías"
Sen terra. Á basura.
Sen luz, moi simpáticas.




miércoles, 9 de mayo de 2012

Familias, A traballar!!

Este mes de maio imos a traballar os animais do zoo, traballo que culminará coa visita ao zoo de Vigo en Xuño.Nembargantes pareceume interesante que as familias colaborasen coa escola  e fixeran cos seus fill@s unha pequena presentación das mascotas que teñen nas casas para elaborar ao remate un libro dixital. 
Dimos algunhas instruccións pero a elaboración é libre empregando fotos, debuxos, textos....
Ao chegar á escola cada pitufiñ@ contará aos compañeiros todo sobre a súa  mascota.
Iremos presentando o traballo de cada un a medida que o traigan á escola e finalmente presentaremos o libro dixital.
Como non podía ser de outro modo Josiño foi o primeiro e fixo na aula unha moi boa presentación. Explicou todo sobre Llinlli.

Esta foi a presentación de Jose



Queres escoitar como canta LLinlli? Clica no canario


lunes, 7 de mayo de 2012

Wildlife 2012

Hoxe pola mañá fomos cos nosos compañeiros das escolas unitarias de Poio a ver a exposición Wildlife 2012.
As fotos eran de animais de  diferentes partes da terra.Había fotos de aves, mamíferos, insectos, paisaxes...

Recibiunos alí Alberto que nos levou pola exposición e nois fixo pensar acerca do mundo animal e do resultado que pode ter a acción do home sobre a terra, como na foto ganadora que era duns pelícanos cheos de petróleo.Tiveron que estar mais dun mes nun centro de recuperación de aves ata que conseguiron limpalos.
Ao rematar a visita fomos ao taller e alí fixemos unhas marionetas de animais de pao.

viernes, 4 de mayo de 2012

Así van as plantas

Despois duns días mais esta é a nova situación con comentarios incluidos.
Estas van moi ben

A falta de auga non é moi importante

Xa non valen, están pachuchas

Como creceron! creo profe que están buscando la luz por iso están tan largas

jueves, 3 de mayo de 2012

O Casullo

Onte chegamos a clase e observamos como o verme, o supervivente, estaba empezando a facer o casullo. Pensamos que co frío que vai e co aburrido  que está sen compañía, o mellor era " poñer o pixama e botarse a durmir"
Hoxe xa tiña o traballo rematado
Agora toca esperar a que naza, como din os pitufiñ@s, "a fermosa mariposa"
Seguiremos informando.

miércoles, 2 de mayo de 2012

martes, 1 de mayo de 2012

1 de Maio. Imos a Poio

Como todos os anos, participamos como exhibición no concurso de maios que ten lugar na Praza do Mosteiro en Poio.
Os maios que podemos ver son fantásticos,



pero o noso non ten nada que envidiar.
A xente que está por  alí nos da os parabéns porque realmente o facemos moi ben.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...