Este mes de maio imos a traballar os animais do zoo, traballo que culminará coa visita ao zoo de Vigo en Xuño.Nembargantes pareceume interesante que as familias colaborasen coa escola e fixeran cos seus fill@s unha pequena presentación das mascotas que teñen nas casas para elaborar ao remate un libro dixital.
Dimos algunhas instruccións pero a elaboración é libre empregando fotos, debuxos, textos....
Ao chegar á escola cada pitufiñ@ contará aos compañeiros todo sobre a súa mascota.
Iremos presentando o traballo de cada un a medida que o traigan á escola e finalmente presentaremos o libro dixital.
Como non podía ser de outro modo Josiño foi o primeiro e fixo na aula unha moi boa presentación. Explicou todo sobre Llinlli.
Esta foi a presentación de Jose
Queres escoitar como canta LLinlli? Clica no canario
Boísima idea! Que sorte poder contar coa colaboración das familias! A presentación de Josiño, fantástica!. Unha aperta.
ResponderEliminar