miércoles, 9 de mayo de 2012

Familias, A traballar!!

Este mes de maio imos a traballar os animais do zoo, traballo que culminará coa visita ao zoo de Vigo en Xuño.Nembargantes pareceume interesante que as familias colaborasen coa escola  e fixeran cos seus fill@s unha pequena presentación das mascotas que teñen nas casas para elaborar ao remate un libro dixital. 
Dimos algunhas instruccións pero a elaboración é libre empregando fotos, debuxos, textos....
Ao chegar á escola cada pitufiñ@ contará aos compañeiros todo sobre a súa  mascota.
Iremos presentando o traballo de cada un a medida que o traigan á escola e finalmente presentaremos o libro dixital.
Como non podía ser de outro modo Josiño foi o primeiro e fixo na aula unha moi boa presentación. Explicou todo sobre Llinlli.

Esta foi a presentación de Jose



Queres escoitar como canta LLinlli? Clica no canario


1 comentario:

  1. Boísima idea! Que sorte poder contar coa colaboración das familias! A presentación de Josiño, fantástica!. Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...