lunes, 29 de junio de 2009

Ao Rico Churrasco!

Onte fixemos a festa despedida do curso.

Fumos toda a comunidade educativa a facer un churrasco á Casa do Pobo.Os pais fixeron un churrasco riquísimo, as nais unhas tortillas e uns postres deliciosos.Que rico todo!

Moitas gracias ás familias por colaborar tanto coa escola e facer que sexa un lugar realmente agradable para todos.

Felices vacacións para todos e ata o 10 de setembro.


Fotos

martes, 23 de junio de 2009

Festa da Auga

Vaia sorte!

Despois de algúns anos, por fin quentou o soliño o día da festa da auga. Foi unha auténtica festa.

Fomos á escola co bañador, chanclas e toalla. As 11 baixamos ao patio cos pais e a profe e empezamos a xogar.A profe nos mollaba coa mangueira, nós disparamoslle coas pistolas e os pais lanzaban bombas de auga....foi moi pero que moi divertido.


sábado, 20 de junio de 2009

Festival Fin de curso

Por fin chegou o día!
Pensamos que tanto esforzo e traballo mereceu a pena, non si? (fotos)










miércoles, 17 de junio de 2009

Adiviña, adiviña

Esta mañá estivemos xogando cun Lim de adiviñas que fixo unha profe que se chama Belén Junquera e que o ten no seu blogue Casa de tol@s. Gustounos tanto que pedímoslle que nolo prestara para poñer no noso blogue. Grazas Belén!






martes, 16 de junio de 2009

Canto Traballo!

O venres día 19 temos na escola o noso festival de fin de curso.Ainda que somos poucos, 12 nen@s e dúas profes (este ano colaborou tamén Ana a teacher) facemos moitas cousas.

Este é o programa



Como veredes cun programa tan longo temos que traballar moito todos, as familias cos traxes e na escola cos decorados e os ensaios.
Canto traballo!




Visita ao Zoo

jueves, 11 de junio de 2009

Novo Premio



Que ilusión!

Os nosos amigos Duendes Juguetones concedéronnos outro premio.

Moitas pero que moitísimas grazas.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...