sábado, 27 de noviembre de 2010

Visita anual á Biblioteca

Como todos os anos, este venres fixemos unha visita a Biblioteca Municipal de Poio.

Alí estaba a esperar por nós Macarena a bibliotecaria e como todos os anos nos explicou o funcionamento , os horarios e animounos a facernos socios.

Sen embargo este ano tiña unha sorpresa , trouxo a compañía de títeres VIRAVOLTA.

Con eles cantamos, bailamos e divertímonos moito.


Pasámolo de medo!

viernes, 5 de noviembre de 2010

jueves, 4 de noviembre de 2010

Magosto

Como todos os anos, no mes de novembro, fixemos o Magosto.
Primeiro fumos coma sempre ata a Casa do Pobo, e preto de alí, nun castiñeiro, apañamos tantas castañas como nos foi posible. Tivemos que buscar e buscar porque xa non quedaban moitas.
Despois, como nos portamos moi ben, a profe deixounos xogar un ratiño no parque.

Ás 11 e media regreso á escola que xa Rafa tiña preparada as brasas. Dímoslle as castañas e mentres descansábamos un pouco, el encargouse de asalas.
E por último o mais doado: COMELAS!




Ver fotos

viernes, 29 de octubre de 2010

Chega o Samaín.

Hoxe celebramos no cole a festa de Samaín e cada nen@ trouxo a súa cabaza, cada cual mais terrorífica.


Deixamos aquí un slide coas fotos dos nenos ensinándonos as cabazas e tamén a canción duns esqueletos que andan soltos por Samieira.

Esperemos que vos guste.





lunes, 18 de octubre de 2010

Queremos traballar mais!

Imos traballar un pouco!


jueves, 14 de octubre de 2010

Bob Esponja

Coñecedes a Bob esponja e os seus amigos?




viernes, 8 de octubre de 2010

Novas de Nuria

Nuria quere compartir con todos nós unha importante nova.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...