lunes, 21 de febrero de 2011

martes, 8 de febrero de 2011

Gravado.

Na escola estivemos a traballar cunha nova técnica plástica : o gravado.
A profe ensinounos algúns gravados feitos por artistas e tamén un video onde se mostraba o proceso a seguir.



Despois puxémonos mans a obra, ainda que non tiñamos todo o que precisabamos.

Non tiñamos placas de metal, pero si planchas de aislante.


Non tiñamos punzóns de metal,pero si de plástico,


Non tiñamos tinta, pero si témpera e rodillos.

Non tiñamos tórculo, pero si mans fortes.





O resultado foi estupendo.

Ver mais fotos











lunes, 7 de febrero de 2011

Imos contar Mentiras Tralará.

Din que na escola de Samieira non hai nenos, só hai peixes, din que o corpos dos rapaces son raros e que non ten nada no seu sitio...
Din que... estas e outras mentiras están recollidas no libro "Imos contar mentiras, tralará" que presentamos xunto aos nenos da EEI O Sartal na XII edición do Salón do Libro.

jueves, 3 de febrero de 2011

Salón do Libro

Este domingo 6 de febreiro inagúrase o Salón do Libro.
Non deixedes de ir. Hai moitísimas actividades: teatro, talleres, espectáculos de máxia, circo...
Deixamos aquí o programa por se é de voso interese.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Visita Sorpresa.

Hoxe recibimos a visita inesperada de Beni, o coello persa de Lucas.
Foi todo un acontecemento.

lunes, 31 de enero de 2011

Do Informalismo ao Multicolor...I

O pasado venres fumos a Caixa Galicia, en Pontevedra.

Entramos nunha casa máxica, según nos contou Carmen,e dimos un paseo por ela.

Leváronnos a ver unha exposición Do informalismo ao Multicolor, Mónica nos deu moitas explicacións.

Primeiro vimos uns cuadros moi bonitos cheos de cor porque os pintores estaban contentos e despois vimos outros escuros porque os pintores estaban tristes.Tambén xogamos a buscar un cuadro que tiña un grito mudo, Iván foi quen o atopou.

Máis tarde fumos con Mónica ao taller. Alí fixemos unhas auténticas obras de arte.

Ao remate merendamos na plaza dos músicos.

Ver todas as fotos
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...