Co gallo do Día do Libro, nós, os pitufiñ@s presentamos o noso libro de creación propia titulado PEPE. Un día a profe mostrounos unha ilustración e comenzou coas súas preguntas:
Que é?, quien é?, como? donde? por que? cuando?..... Todas esas preguntas que fai ela cuando quere que pensemos, que imaxinemos, que decidamos...
Ao rematar, con todas as ideas que recolleu e dándolles un pouco de orde, fixemos un pequeno conto que deixamos aquí para compartir con todos.
Hoxe cando chegamos á escola pasamos revista ás nosas plantacións e levamos unha sorpresa: A algunhas sementes que están no algodón saíronlle un rabiño branco.
Plantamos sementes en condicións diferentes para ver cuales destas son imprescindibles.
1º Nunha maceta con terra, con auga e na ventá para que lle de a luz.
2º Nunha maceta con terra sen auga e na ventá para que lle de a luz. 3º Nun prato, sen terra, con auga e luz.
4º nunha maceta con terra, con auga e nun cuarto oscuro . Os pitufiñ@s non saben que vai pasar. Uns din que nacerá primeiro o que ten terra, auga e luz e outros din que con terra chega... A verdade é que xa non se lembran do que fixéramos no curso pasado. Esperaremos uns días e xa os iremos contando. Aquí tendes un slide do proceso de plantación das sementes.