jueves, 4 de noviembre de 2010

Magosto

Como todos os anos, no mes de novembro, fixemos o Magosto.
Primeiro fumos coma sempre ata a Casa do Pobo, e preto de alí, nun castiñeiro, apañamos tantas castañas como nos foi posible. Tivemos que buscar e buscar porque xa non quedaban moitas.
Despois, como nos portamos moi ben, a profe deixounos xogar un ratiño no parque.

Ás 11 e media regreso á escola que xa Rafa tiña preparada as brasas. Dímoslle as castañas e mentres descansábamos un pouco, el encargouse de asalas.
E por último o mais doado: COMELAS!




Ver fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...