domingo, 7 de junio de 2009

Visita ao Zoo

¡Por fin chegou o día!
O venres estabamos realmente emocionados, non só por ir ao zoo senón porque ata Vigo fumos en tren e algúns de nós non fóramos nunca.

O que máis nos gustou foi cando pasabamos por un túnel e berrábamos aaaaah!




Cando chegamos ao zoo o primeiro que fixemos foi merendar pois chegamos antes da hora.Logo , xa que chovía a mares, leváronnos ao reptilario e miramos algúns animais que non coñecíamos como os gekos , os insectos pao e unhas tartarugas xigantes.
Cando parou de chover dimos unha volta polo zoo para ver os animais e tivemos moita sorte pois a pesar da chuvia os leons, o oso, os tigres estaban fora e vímolos moi ben.



Cando rematou a visita xogamos un pouco nos columpios e despois ao autobús.Estabamos tan cansos que a volta foi moi tranquila.



Ver fotos.

3 comentarios:

  1. ¡que excursión máis divertida. Pola última foto vese que o pasaron realmente ben.
    Chao

    ResponderEliminar
  2. Holitas profe!!!!!
    TEngo otro regalito para ti en mi blog!!! ASí ya vas incrementando la colección!!! Un besote

    ResponderEliminar
  3. hola soy la tia de mateo y vivo en valencia. Me gustan mucho los videos que poneis. ya que yo no puedo estar ahi para disfrutar de esos momentos porlo menos asi no me lo pierdo todo. GRACIAS

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...