jueves, 24 de noviembre de 2011

Galletitas de Gimena


Xa contamos noutra entrada que para festexar o aniversario de Gimena tomamos no cole galletitas que fixo ela mesma.
As galletitas tiveron tanto éxito, gustaron tanto , que Nati, mamá de Gimena nos deixou a receta para compartir con todos.
É unha boa actividade para facer nun día de chuvia.
Receita
Ingredientes:
  • 300 gr. de fariña
  • 200 gr de manteiga a temperatura ambente
  • 100 gr de azucre
  • 1 ovo
  • raiadura de limón

Realización:

Verter a fariña nun recipiente e agregar a manteiga. De seguido agregamos o azucre, o ovo e a raiadura de limón. Amasamos ata que quede unha masa homoxénea e compacta. Deixar repousar na neveira 45 m. Depois estirar e cortar.

Glasé Real:
  • 1 clara de ovo
  • azucre glas
  • limón

Misturar a clara co azucre ata que quede consistente para facer debuxos.

Despois ao forno.

Bo proveito!!

1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...