martes, 8 de noviembre de 2011

Magosto na Escola

Hoxe foi día de magosto na nosa escola.
Decidimos facelo nesta data porque daban chuvias para a segunda metade da semana, así que despois de falar coas familias arranxamos todo para este día
Cando chegamos á escola vimos que o ceo non nos ia deixar tranquilos así que con nuestras botoas de auga partimos ata a Casa do Pobo.Non levábamos nin 5 minutos andando cando empezou a chover así que Jose deixou que entrásemos na súa casa para esperar a que calmara un pouco a chuvia . Cando parou, alá fomos, á procura das castañas.
Cando o saco estivo cheo, ou meio cheo,voltamos á escola pero...outra vez a chuvia, e esta vez mais forte.Outra vez a casa de Jose.Mentres as nais de Jose e Lucas e o pai de Guillermo foron buscar os coches, o pai de Jose ensinounos os seus pasaros. A verdade que foi unha parada moi proveitosa.

Xa de volta na escola estaba Manolo, o avó de Miguel o pequeno,asando as castañas. Que boas!

A verdade que foi un día moi divertido.
Ver fotos

1 comentario:

  1. NO SE PUEDEN VER LAS FOTOS DEL MAGOSTO,PONE QUE NO APARECE ESA PAGINA...

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...