miércoles, 30 de noviembre de 2011

Visita Inesperada


Onte apareceu pola escola Nuria, para facernos unha visita. Viña moi contenta e estivo a contarnos un montón de cousas sobre a súa escola nova. Falou do colexio, das profes, das actividades que facían...
Cando marchou deixounos este debuxo de regalo.
Graciñas Nuria.

viernes, 25 de noviembre de 2011

jueves, 24 de noviembre de 2011

Galletitas de Gimena


Xa contamos noutra entrada que para festexar o aniversario de Gimena tomamos no cole galletitas que fixo ela mesma.
As galletitas tiveron tanto éxito, gustaron tanto , que Nati, mamá de Gimena nos deixou a receta para compartir con todos.
É unha boa actividade para facer nun día de chuvia.
Receita
Ingredientes:
  • 300 gr. de fariña
  • 200 gr de manteiga a temperatura ambente
  • 100 gr de azucre
  • 1 ovo
  • raiadura de limón

Realización:

Verter a fariña nun recipiente e agregar a manteiga. De seguido agregamos o azucre, o ovo e a raiadura de limón. Amasamos ata que quede unha masa homoxénea e compacta. Deixar repousar na neveira 45 m. Depois estirar e cortar.

Glasé Real:
  • 1 clara de ovo
  • azucre glas
  • limón

Misturar a clara co azucre ata que quede consistente para facer debuxos.

Despois ao forno.

Bo proveito!!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Novas da Escola

Gimena e Guillermo xa escreben o nome.


Parabéns!!!

viernes, 18 de noviembre de 2011

Aniversario de Gimena e Miguel

Hoxe festexamos na escola o aniversario dos pitufin¡ños mais pequenos, Gimena e Miguel.
Para a merenda trouxeron, en vez de torta comprada na pastelaría,un biscoito feito por Miguel e unhas galletas feitas por Gimena. Non volo creedes? Mirade.







Deixamos tamén fotos da merenda.



jueves, 17 de noviembre de 2011

A Pequena Eiruga Glotona

Migueliño atrévese a contarnos o seu conto favorito: A pequena eiruga glotona.

viernes, 11 de noviembre de 2011

Magosto

martes, 8 de noviembre de 2011

Magosto na Escola

Hoxe foi día de magosto na nosa escola.
Decidimos facelo nesta data porque daban chuvias para a segunda metade da semana, así que despois de falar coas familias arranxamos todo para este día
Cando chegamos á escola vimos que o ceo non nos ia deixar tranquilos así que con nuestras botoas de auga partimos ata a Casa do Pobo.Non levábamos nin 5 minutos andando cando empezou a chover así que Jose deixou que entrásemos na súa casa para esperar a que calmara un pouco a chuvia . Cando parou, alá fomos, á procura das castañas.
Cando o saco estivo cheo, ou meio cheo,voltamos á escola pero...outra vez a chuvia, e esta vez mais forte.Outra vez a casa de Jose.Mentres as nais de Jose e Lucas e o pai de Guillermo foron buscar os coches, o pai de Jose ensinounos os seus pasaros. A verdade que foi unha parada moi proveitosa.

Xa de volta na escola estaba Manolo, o avó de Miguel o pequeno,asando as castañas. Que boas!

A verdade que foi un día moi divertido.
Ver fotos

jueves, 3 de noviembre de 2011

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...