miércoles, 16 de mayo de 2012

A tea de araña que as palabras galegas apaña

Este é o título da actividade que o Concello de Poio organizou para as escolas unitarias de Poio  para a celebración do día das letras galegas.
A actividade consistía en  atrapar nunha tea de araña as palabras que nenos e familias escolleran uns días antes nas casas, palabras escollidas polo significado, pola musicalidade...
Uns días antes no cole preparamos arañas e palabras e hoxe as pegamos na tea que adornará o  Salón de Plenos do Concello e logo irá para as escolas.
Estas son as nosas arañas coas palabras



E esta é a nosa tea
A verdade é que o pasamos moi ben, contáronnos un conto, aprendimos unha canción e déronnos unha rica merenda. Sabedes o que merendamos? ARAÑAS!!! si, si, ainda que non volo creades.
Non deixedes de probalas sen tendes oportunidade.
Se queredes ver todas as fotos clica aqui

2 comentarios:

  1. Que fantástica idea! Gústame un montón. Que saibades que se para o ano me lembro, vouvos copiar a idea, je,je FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS. uNHA APERTA.

    ResponderEliminar
  2. Muy divertido. A través de las fotos nos hacemos una idea de la actividad. Sería fantástico que el blog dispusiera de traductor de google para poder leer las actividades en castellano. Sería mucho más enriquecedor ya que te quedas un poco en ascuas, a pesar de ser vuestro dia das letras galegas.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...