martes, 12 de junio de 2012

Saída a Raxó

Hoxe fixemos a saída a Raxó que nos organizou o Concello para as comunidades educativas das escolas unitarias de Poio.
Alí estaban a esperar por nos, Andrés e Xoan. Leváronos ao barco
e nos explicaron como é o seu traballo, o cultivo do mexilón.
Despois , recibimos explicacións acerca dos diferentes tipos de nasas e outras formas de pesca, dos membros da Confraría de Raxó.
Finalmente, fomos a merendar. 
Andrés levounos ao seu restaurante TITO MEXILLÓN, no peirao de Raxó, e preparounos a terraza para que podésemos tomar a merenda.
Depois de volta á escola a traballar que non todo van ser festas.
Ver fotos



1 comentario:

  1. ¡Qué saída máis instructiva! Seguro que aprenderon un montón sobre o traballo dos mariñeiros. Que atentiños estaban! Unha aperta.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...