miércoles, 25 de enero de 2012

Pitufiñ@s panadeiros.

Onte aprendimos moito e hoxe aplicamos o aprendido.


martes, 24 de enero de 2012

Visita á Panadería Acuña

Esta semana empezamos a traballar no cole sobre os oficios, e que mellorque facelo visitando a panadería Acuña para ver o traballo dos panadeiros de primeira man.

Como os outros anos, recibiunos Andrés.

Levounos de paseo polas instalacións e ensinounos o almacén, onde gardan as materias primas que empregan para facer todas as cousas ricas que fan.


Despois levounos polo obrador. Alí estaban un montón de panadeiros que traballaban sen parar; uns facendo empanadillas, outros pasteis, outros cañitas ...ata que chegamos xunto os panadeiros.

Ensináronos como se fai a masa, como se corta,como se fan as barras e tamén como se meten no forno e como saen quentiñas e ben boas.









O mellor veu ao final, preparáronos unha mesa con masa e estivemos imitando ós panadeiros. De verdade que era pouca a diferencia.


Con tanto traballo entrounos fame e tomamos unhas napolitanas de chocolate que estaban de morte.Os menos golosos tomamos pan recen feito.

Vale a pena pasar por esta panadería.O trato foi excelente, todo sorrisos e bo humor.
GRACIAS ANDRÉS E DEMAIS TRABALLADORES DE ACUÑA.



Ver todas fotos

lunes, 23 de enero de 2012

Proxecto: Sistema Solar

Antes das vacacións de nadal empezamos a traballar en clase o sistema solar. Nun primeiro momento non sabiamos moitas cousa:
  • no ceo hai planetas, un ten un anel
  • sol
  • lúa
  • estrelas
  • naves espaciais e pouco mais.
Despois de traer información da casa, sempre colaborando as familias, e de buscar en google no ordenador, aprendimos moitas cousas.
Agora deixamos aquí este pequeno video e máis adiante iremos completando e ensinando no blog todo o aprendido, que foi moito.
Que disfrutedes cos pequenos.

miércoles, 18 de enero de 2012

Brrrr, que Frío!

Estes días cando chegamos á escola pola mañá temos moito frío así que a profe pon no ordenador unha música moi marchosa para sacar o frío. En un minuto estamos sudando.

sábado, 14 de enero de 2012

miércoles, 11 de enero de 2012

lunes, 9 de enero de 2012

Volta á Escola

Como todos os anos, despois das vacacións chegamos de novo á escola cargados cos regalos que nos trouxeron os Reis Magos. En Samieira os pitufiñ@s fomos moi bos así que tuvimos moitos regalos.
O regalos que tivo mais éxito foi Beni, o hamster de Lucas.
Botade unha ollada.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow generated with Smilebox
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...