viernes, 5 de junio de 2009

Premio Sorpresa

Hoxe e para sorpresa de todos concedéronos un premio.


¿ a que é chulo?

Gracias aos nosos amigos Duendes Juguetones do CEIP Viñas.

GRACIAS!!!

jueves, 4 de junio de 2009

lunes, 1 de junio de 2009

Pitufoartistas

¿Como é a biblioteca?


A Biblioteca



Onte fumos a Biblioteca Municipal de Poio.


Primeiro baixamos andando ata a parada de´autobús e esperamos polo conductor. Cando chegou abríu as portas, subimos, sentámonos e arrancamos.


Fumos a buscar aos nenos da escola do Pereriro e os da escola do Sartal e logo xa á Biblioteca.


Cando chegamos tivemos que esperar a Macarena que é a bibliotecaria,abríu a porta, subimos as escaleiras e sentámonos na alfombra.


Macarena ensinounos a biblioteca: había libros, xornais, revistas, ordenadores, contos, sillas, mesas, un reloxo...Tamén nos contou que para poder levar os libros á casa temos que facernos o carnet de socios.


Máis tarde contounos dous contos: "Cocorico" e "A princesa que bocexaba a todas horas", logo fixemos un debuxo do conto que máis nos gustou.


Para despedirnos cantamos unha canción.


Gustounos moito a biblioteca e mandamos esta mensaxe:


¡¡Papis,queremos facernos socios da biblioteca xa!!


Ver fotos

viernes, 29 de mayo de 2009

Adiviña ¿que animal se esconde ahí?

Estamos a traballar os animais na escola e a partires de manchas, cornos e pegadas tivemos que descubrir cales eran. Foi un xogo divertido pois nun primeiro momento non sabiamos o que era e nos imaxinábamos cousas moi diferentes.Cando rematamos fixemos debuxos na PDI e a profe transformounos en película de animación.


Bótalle unha ollada!


Alumn@s da Escola




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...