martes, 22 de junio de 2010

Todos Pasados por Auga

Por fin chegou o día máis esperado do curso, o día da festa da auga.
Vimos á escola coma se fósemos a praia, cos nosos traxes de baño, toallas, chanclas, pistolas e globos de auga que os pais e nais teñen a paciencia infinita de encher a tarde anterior para que logo duren uns dous minutiños.
Chegamos prontiño á escola, e tivemos que esperar ata que fixese moita calor (non nos daba chegado a hora).Despois, as 10,45 h baixamos ao patio

e...vexan vostedes o que alí pasou

O mellor de todo, poñer a profe coma un pingo.
Cando xa estabamos cansos, secámonos ao sol

e despois fumos tomar esa merenda tan rica que nos preparan os nosos pais.

Foi un día estupendo.

Mais fotos

lunes, 21 de junio de 2010

XIII Festival Fin de Curso

Xa tiñamos ganas de que chegara o día, pois como xa vos contaramos estivemos traballando moito que levar adiante o noso festival, que ten un programa ben xeitoso.

A verdade e que para ser só 12 pitufiñ@s quedounos bastante ben, non si?










Animádevos a deixar comentarios sobre a nosa actuación. Polos aplausos dos familiares que poideron vir, pensamos que o fixemos moi ben.
Ver fotos

viernes, 18 de junio de 2010

Os Pitufinñ@s Traballan Moito

O luns 22 de xuño faremos na escola o noso festival de fin de curso e iso oblíganos a traballar moito, moito.
Todos os días nada máis chegar á escola baixamos por grupos e pintamos o noso decorado e despois do recreo ensaiamos.
Este mes de xuño tenos, moi pero que moi cansos.

jueves, 17 de junio de 2010

Adiviñas.Lim

Aos pitufiñ@s encántanos facer os LIM que crea a profe, pero as veces axudámoslle a crealos, como fixemos con este LIM de adiviñas.Están recollidas todas as adiviñas que traballamos durante o curso.
Esperamos que vos guste.



miércoles, 16 de junio de 2010

A Ruta da Freixa.

Hoxe fixemos a última saída escolar do curso.Fixemos unha ruta de muíños que está no noso concello de Poio: A ruta da Freixa.

Coma sempre fumos todos os nenos e nenas das escolas unitarias de Poio, pero esta vez acompañados dos mestres, mestras e pais e nais que puideron vir.
A ruta comenzámola na carreteira de Campelo e chegamos A seca que é donde remata. É unha ruta pequeniña pero de gran beleza.

No muíño de Arriba estaba a esperar o Sr. Torres que puso o muíño a funcionar e vimos en directo a transformación do millo en fariña.


Despois no parque da Seca merendamos invitados polo Concello

e despois de xogar nos columpios, as 13 h voltamos á escola

De tódolos muíños da ruta quedounos un por mirar, pero ese deixámolo para que os nosos pais e nais se animen e nos leven cando teñan tempo.
Máis fotos

lunes, 14 de junio de 2010

Que Boas as Cereixas!

Na escola temos moitas árbores frutais, pero a nos a que máis nos gusta é a cerdeira.O problema é que é moi alta e non podemos coller as cereixas.Contentámonos con mirar para arriba.
Pero hoxe foi un día especial porque andaba cerca da nosa escola un home traballando cunha pa e nin corto nin perezoso subíu enriba dela e colleunos un montón de cereixas para a merenda.
Dímoslle as grazas e convidámolo a tomar unhas poucas.
Mirade que pinta tan boa.




miércoles, 9 de junio de 2010

viernes, 4 de junio de 2010

A Granxa Kiriko

Profe, Cantos días faltan para ir a granxa? Esa foi a pregunta máis frecuente no último mes na escola.
Pois nada,hoxe foi o día. As nove en punto arranca o autobús


Unha hora e vinte despois chegamos a O Kiriko, por certo que instalacións!

Nada máis chegar recibíronos os monitores e dividíronos en varios grupos: piruletas,caracois, peixiños, bob esponxas...e comenza a función:
  • visita aos animais da granxa
  • regamos a horta
  • arrincamos malas herbas
  • atopamos ovos...
Canto traballo!
Máis tarde, taller de galletas de canela


As dúas en punto a comer, uns máis e outros menos.

Despois xogos no parque


Plantamos sementes para levar e coidar na casa.
As cinco da tarde, bocata de chourizo



As cinco e media despedida e volta á casa.
sssss!estamos moi cansos.



Foi un día moi agradable e pasámolo moi ben.Esperamos voltar noutra ocasión.
Ver fotos

jueves, 3 de junio de 2010

O Leite

Este mes de maio na escola estivemos traballando sobre o leite.
Un día a profe preguntounos se sabiamos algo do leite e nós dixémoslle que se compraba no super, que vina en caixiñas e un dos maiores dixo que o leite viña das vacas.
A profe mandounos buscar información e durante uns días trouxemos a escola todo o que as nosas familias nos axudaron a buscar, que foi moitísimo.
Con todo o aprendido fixemos un libriño que aquí deixamos para que lle botedes un ollo.
Na primeira parte do libro recolle todo o que aprendimos (amósase o traballo dos nenos de 3º curso que xa saben escribir coa letra minúscula) e na segunda amósanse as fotos ,cos pés de foto (escritos polos alumnos de 2º curso) dos procesos de elaboración na escola dos derivados dos leite (iogur e manteiga) e postres con leite (batido e flan).





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...