
viernes, 23 de diciembre de 2011
miércoles, 21 de diciembre de 2011
Festival Nadal 2011
Como todos os anos, dende 1997, rematamos o primeiro trimestre cun festival, este ano minifestival.
Hoxe tivemos algúns problemillas, as estrelas quedaron mudas, un rei mago desapereceu...pero non por iso o noso festival desmereceu.
Deixamos fotos e videos por si alguén non pudo vir e velo en directo.
Os protagonistas:
Hoxe tivemos algúns problemillas, as estrelas quedaron mudas, un rei mago desapereceu...pero non por iso o noso festival desmereceu.
Deixamos fotos e videos por si alguén non pudo vir e velo en directo.
Os protagonistas:
lunes, 19 de diciembre de 2011
viernes, 16 de diciembre de 2011
jueves, 15 de diciembre de 2011
miércoles, 14 de diciembre de 2011
Música
martes, 13 de diciembre de 2011
viernes, 9 de diciembre de 2011
Aniversario de Lucas e Sheila
Hoxe na escola festexamos o aniversario de Lucas e Sheila. Os dous cumpliron 5 anos.
miércoles, 7 de diciembre de 2011
Os Pitufiñ@s preparan o Nadal
sábado, 3 de diciembre de 2011
Calendario de adviento
Como parece que non imos ter bo tempo, deixo este calendario de adviento cheo de actividades que os pitufiñ@s non se aburran moito estes días sen cole.Este recurso foi roubado do blog Casa de Tolos, da compa Belén Junquera.
viernes, 2 de diciembre de 2011
jueves, 1 de diciembre de 2011
miércoles, 30 de noviembre de 2011
Visita Inesperada
viernes, 25 de noviembre de 2011
jueves, 24 de noviembre de 2011
Galletitas de Gimena

Xa contamos noutra entrada que para festexar o aniversario de Gimena tomamos no cole galletitas que fixo ela mesma.
As galletitas tiveron tanto éxito, gustaron tanto , que Nati, mamá de Gimena nos deixou a receta para compartir con todos.
É unha boa actividade para facer nun día de chuvia.
Receita
Ingredientes:
Glasé Real:
As galletitas tiveron tanto éxito, gustaron tanto , que Nati, mamá de Gimena nos deixou a receta para compartir con todos.
É unha boa actividade para facer nun día de chuvia.
Receita
Ingredientes:
- 300 gr. de fariña
- 200 gr de manteiga a temperatura ambente
- 100 gr de azucre
- 1 ovo
- raiadura de limón
Realización:
Verter a fariña nun recipiente e agregar a manteiga. De seguido agregamos o azucre, o ovo e a raiadura de limón. Amasamos ata que quede unha masa homoxénea e compacta. Deixar repousar na neveira 45 m. Depois estirar e cortar.Glasé Real:
- 1 clara de ovo
- azucre glas
- limón
Misturar a clara co azucre ata que quede consistente para facer debuxos.
Despois ao forno.
Bo proveito!!
miércoles, 23 de noviembre de 2011
viernes, 18 de noviembre de 2011
Aniversario de Gimena e Miguel
jueves, 17 de noviembre de 2011
A Pequena Eiruga Glotona
Migueliño atrévese a contarnos o seu conto favorito: A pequena eiruga glotona.
viernes, 11 de noviembre de 2011
martes, 8 de noviembre de 2011
Magosto na Escola
Hoxe foi día de magosto na nosa escola.
Decidimos facelo nesta data porque daban chuvias para a segunda metade da semana, así que despois de falar coas familias arranxamos todo para este día
Cando chegamos á escola vimos que o ceo non nos ia deixar tranquilos así que con nuestras botoas de auga partimos ata a Casa do Pobo.
Non levábamos nin 5 minutos andando cando empezou a chover así que Jose deixou que entrásemos na súa casa para esperar a que calmara un pouco a chuvia . Cando parou, alá fomos, á procura das castañas.
Decidimos facelo nesta data porque daban chuvias para a segunda metade da semana, así que despois de falar coas familias arranxamos todo para este día
Cando chegamos á escola vimos que o ceo non nos ia deixar tranquilos así que con nuestras botoas de auga partimos ata a Casa do Pobo.


Cando o saco estivo cheo, ou meio cheo,voltamos á escola pero...outra vez a chuvia, e esta vez mais forte.Outra vez a casa de Jose.
Mentres as nais de Jose e Lucas e o pai de Guillermo foron buscar os coches, o pai de Jose ensinounos os seus pasaros. A verdade que foi unha parada moi proveitosa.



Xa de volta na escola estaba Manolo, o avó de Miguel o pequeno,asando as castañas. Que boas!

A verdade que foi un día moi divertido.
Ver fotos jueves, 3 de noviembre de 2011
viernes, 28 de octubre de 2011
Festa de Samaín.
Como todos os anos, celebramos na escola a festa de Samaín.
Os nenos fixeron as cabazas en casa coa axuda das familias para adornar e prepararon esa canción para asustar, porque no día de samain o que hai que facer é asustar, non si?
Deixamos aquí o vídeo e as fotos para que pasedes un bo rato.
Para facer esta actividade empregamos a pista 14 do CD "animais encantadores" de Susa Herrera
jueves, 27 de octubre de 2011
lunes, 24 de octubre de 2011
jueves, 20 de octubre de 2011
martes, 18 de octubre de 2011
viernes, 14 de octubre de 2011
viernes, 7 de octubre de 2011
jueves, 6 de octubre de 2011
miércoles, 5 de octubre de 2011
martes, 4 de octubre de 2011
viernes, 30 de septiembre de 2011
domingo, 25 de septiembre de 2011
Parabéns!!
O venres festexamos na escola o aniversario de Guillermo e Lola, nada mais e nada menos que 3 aniños.
viernes, 23 de septiembre de 2011
jueves, 22 de septiembre de 2011
miércoles, 14 de septiembre de 2011
Primeiros Días
Que lío!
Cando remata a xornada estamos agotados, menos mal que as veces hai sorpresas agradables: un pequeno chora, non quere marchar con mamá, abrázase a mestra.
Iso recompensa a dura xornada Non si?
Os primeiros días de escola son así.Os alumnos maiores voltan á escola dispostos a traballar e os alumnos novos, os pequenos, veñen á escola a enredar.Non paran. Choran, rin, gritan...tocan aquí, tocan alá...abren portas... corretean....
En Samieira levamos dous días cos pequenos e son tan movidos que hai que cambiar de actividade cada 10 minutos. Bailamos, cantamos, facemos títeres, un pouco de plastilina...





Deixamos aquí fotos destes momentos.
martes, 13 de septiembre de 2011
miércoles, 6 de julio de 2011
jueves, 23 de junio de 2011
Festa da Auga
miércoles, 22 de junio de 2011
XIV Festival Fin de Curso de Samieira
Este ano o noso festival fin de curso foi moi completo porque ademais de participar a profe Belén, tamén participaron as profes Hermitas e Lara.
A profe de inglés Lara preparó un conto : A monster e unha canción: Body song.
Esta canción fue preparada pola mestra de relixión Hermitas
A profe de inglés Lara preparó un conto : A monster e unha canción: Body song.
Esta canción fue preparada pola mestra de relixión Hermitas
martes, 21 de junio de 2011
Visita a Combarro
O mércore 15 de xuño fixemos unha saída escolar a Combarro. O tempo non nos acompañou moito, pero ainda así pasámolo moi ben.
Fomos os nenos das unitarias de Poio cos nosos pais e nais e coas profes.
Alí unha guía do concello nos explicou moitas cousas sobre os cruceiros, horreos e rúas de Combarro.
Ver fotos
Fomos os nenos das unitarias de Poio cos nosos pais e nais e coas profes.
Alí unha guía do concello nos explicou moitas cousas sobre os cruceiros, horreos e rúas de Combarro.

miércoles, 8 de junio de 2011
domingo, 29 de mayo de 2011
jueves, 26 de mayo de 2011
Proxecto Auga
Co gallo do Día Internacional da Auga, fixemos na escola o noso pequeno proxecto sobre a mesma onde aprendimos moitas cousas:
- que é a auga e a súa importancia para a vida
- onde podemos atopala
- formas nas que se presenta
- usos da auga
- e o máis importante: consellos para non desperdiciar a auga
Fixemos tamén algúns experimentos.
Todo quedou recollido neste libro
lunes, 16 de mayo de 2011
Aqueles Marabillosos Anos.(curso 2006/07)
Chegamos ao final.
As fotos do próximo curso 2007/08 xa se poden ver na páxina web do centro e tamén pode accederse a elas dende o noso blog.
Os pitufiños de agora disfrutamos moito vendo estes álbumes antigos.Vimos como era a escola antes e atopamos a irmáns, primos ou veciños cando eran pequeniños.
Esperamos que os pitufiños de antes tamén disfrutaran, seguro que lles veu a cabeza moitos momentos bos que xa tiñan esquecidos.
Deixamos aquí o último álbum do curso 2006/07.
sábado, 14 de mayo de 2011
Pedro e o Lobo
Onte para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicadas a Lois Pereiro, o concello de Poio organizounos unha sesión de títeres: Pedro e o Lobo

Ver fotos

Ver fotos
martes, 10 de mayo de 2011
sábado, 7 de mayo de 2011
domingo, 1 de mayo de 2011
Maio 2011
Como todos os anos, o día un de maio imos a Poio a participar como exhibición co noso maio pequeniño, e como todos os anos os nenos fixérono moi ben.

Ver fotos.
viernes, 29 de abril de 2011
Maio 2011
Como todos os anos fixemos na escola o noso maio.

Este ano contamos coa axuda de Isabel, a nai de Jose e de Andrea unha futura profe.

martes, 26 de abril de 2011
lunes, 18 de abril de 2011
Aqueles Marabillosos Anos.(curso 2003/04)
Sentimos moito ter que pasar ao curso 2003/04.No 2002/03 a profe Belén disfrutó dunha licencia por estudos,os pitufiños estiveron atendidos pola profe Celsa e non quedou na escola ningún documento gráfico que podamos mostrar.
Neste curso 2003/04 tampouco hai fotos do primeiro trimestre porque a profe Belén estivo de baixa.
O que se mostra neste álbum é a partires do segundo trimestre.
viernes, 15 de abril de 2011
Que rico que está!
Aproveitando que estivemos estes 15 días falando da alimentación sana na escola, hoxe como algo especial antes de dar vacacións, fixemos unas riquísimas brochetas de froita, pero como hai moito goloso, incluida a mestra, non pudemos resistir a tentación de botar un pouquiño de chocolate.
Primeiro lavamos e mondamos as froitas (amorodos, plátanos,piña, mango e kiwi).
Despois a cortamos en anacos pequenos.
Ensartamos os trociños nos paus de brocheta , por último botámoslle un pouco de chocolate e...
a merendar.
jueves, 14 de abril de 2011
domingo, 10 de abril de 2011
martes, 5 de abril de 2011
domingo, 3 de abril de 2011
miércoles, 30 de marzo de 2011
domingo, 27 de marzo de 2011
domingo, 20 de marzo de 2011
lunes, 14 de marzo de 2011
Aqueles Marabillosos Anos.(curso 97/98)
Durante un tempo iremos publicando libros dixitais coas fotos da escola e dos pitufiñ@s desde que chegou á escola a profe Belén, desde hai 14 anos.
Se coñecedes aos alumnos daqueles anos, avisadeos, estamos seguros que lles gustará ver e recordar eses anos.
Gustaríanos moito que fixerais comentarios e nos contades os recordos que teñais da época.
Disfrutad!
viernes, 4 de marzo de 2011
Entroido 2011
Tantas mentiras, pero tantas mentiras contamos, que ao final todos convertímonos en...
PINOCHOS!!
Ver todas as fotos.
PINOCHOS!!
Ver todas as fotos.
lunes, 21 de febrero de 2011
jueves, 17 de febrero de 2011
martes, 8 de febrero de 2011
Gravado.
Na escola estivemos a traballar cunha nova técnica plástica : o gravado.
A profe ensinounos algúns gravados feitos por artistas e tamén un video onde se mostraba o proceso a seguir.

Non tiñamos punzóns de metal,pero si de plástico,
Non tiñamos tórculo, pero si mans fortes.
A profe ensinounos algúns gravados feitos por artistas e tamén un video onde se mostraba o proceso a seguir.
Despois puxémonos mans a obra, ainda que non tiñamos todo o que precisabamos.
Non tiñamos placas de metal, pero si planchas de aislante.

Non tiñamos punzóns de metal,pero si de plástico,
Non tiñamos tinta, pero si témpera e rodillos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)